Programa eleitoral: Toma partido!

Xa está disponible el programa electoral del Partido da Terra Eo-Navia, incluíndo as secciois “quen somos”, “presentación”, “cidadanía”, “territorio”, “ambiente”, “agricultura e enerxía”, “economía”, “política social”, “cultura” e “linguas”. Conoce as nosas propostas e toma partido!

Proclamada a candidatura do Partido da Terra Eo-Navia

Será a primeira vez que un partido centrado nos intereses da comarca concorra nas elecciois á Xunta Xeral del Principado de Asturias

A Xunta Electoral del Principado de Asturias proclamou hoi a candidatura presentada polo Partido da Terra para as elecciois á Xunta Xeral del Principado de Asturias que terán lugar el próximo 25 de marzo. A candidatura del Partido da Terra Eo-Navia é uha iniciativa plural, integrada por persoas vinculadas a diferentes colectivos sociais, asociaciois culturais e organizaciois políticas, a maioria sen relación ninguha coel propio Partido da Terra máis aló del interese por dinamizar un relacionamento normal de persoas que comparten uha lingua común para acó e para aló del río Eo. Así, participan como independentes persoas como Ánxel Suárez Alvarez, Luis González Blasco “Foz”, Daniel González Vázquez ou Alexandre Banhos..

Esta candidatura ten uha forte compoñente simbólica, defendendo de xeito público, sen medo e sen complexos, a voz das persoas comprometidas coa defensa dos intereses e da cultura propias da Terra Eo-Navia. Mesmo non tendo uha estrutura estable, confiamos en que esta candidatura se transforme nuha ferramenta útil pra propoer novas ideas pra e desde el Eo-Navia. Por esse motivo, nas próximas semanas partilhará as suas propostas com associações vizinhais, culturais, ambientais e de defesa da língua do Eu-Návia, incorporando-as ao seu programa eleitoral.

El programa del Partido da Terra Eo-Navia, que será lanzado xunto cuha páxina web específica no primeiro de marzal, presenta un proxecto democratizador, destinado a transformar el actual sistema parlamentario noutro verdadeiramente participativo e deliberativo. El noso programa ten como punto de partida a necesidá das persoas e das comunidades de recuperar a súa capacidá de decisión, a súa soberanía. Por eso, defendemos el establecemento de fórmulas de participación política directa, propoendo uha transformación radical da actual lei de parroquias rurais de xeito que as nosas comunidades podan dotarse duha plataforma deliberativa e decisoria real de carácter asembleario. Defendemos que as nosas parroquias e barrios teñan el maior número de competencias posibles e, entre elas, el dereto a decidiren libremente as estruturas administrativas nas que se quiran organizar e el xeito destas.

Defendemos a fusión dos actuais concellos da Terra Eo-Navia nun solo Concello Comarcal, con competencias prá xestión mancomunada dos servicios públicos que as parroquias integrantes quiran delegar. El Concello Comarcal, que poderá contar con subáreas administrativas, facilitará a participación política parroquial e posibilitará a coordenación en materias como as comunicaciois, salú, educación, ambiente, etc. A comarca del Eo-Navia, polas súas características, pode constituír un modelo organizativo exemplar pró Principado, debendo aínda constituírse el territorio del Concello Comarcal en circunscrición electoral pra, por fin, ter voz propia nas actuais instituciois representativas.

Propoemos tamén a plena oficialidá del galego de Asturias nos actuais concellos da comarca e, eventualmente, nas parroquias constituíntes del Concello Comarcal, así como a oficialidá da lingua asturiana naquelas parroquias unde é patrimonial. A adecuación dos límites administrativos da comarca será competencia das parroquias que a integran, e poderán atender ou non a criterios lingüísticos e culturais en función da súa libre elección. Aída así, refugamos calquer pretensión anexionista ou determinadora de identidades en función de criterios de lingua, cultura ou historia, defendendo el pleno dereto das nosas comunidades a decidiren soberanamente sobre el sou futuro en todos os campos.

Apoiamos con determinación a cooperación política e da sociedá civil máis alá das fronteiras administrativas, defendendo el reforzo e establecemento de novos programas conxuntos pró desenvolvemento local, a dotación de servicios ou a conservación del patrimonio, como a Reserva da Biosfera del Río Eo, Ozcos e Terras de Burón, en evidente declive pola diverxencia de intereses entre as administraciois autonómicas dos dous lados del Eo. Aída así, refugamos calquer pretensión anexionista ou determinadora de identidades en función de criterios de lingua, cultura ou historia, defendendo el pleno dereto das nosas comunidades a decidiren soberanamente sobre el sou futuro en todos os campos.

El programa del PT tamén quer poer de manifesto a ausencia de políticas pro-rurais del Principado, máis preocupado pola ordenación das grandes áreas metropolitanas, da siderurxia e da minería, relegando el grave problema del abandono rural e da autentica “desertificación” dos núcleos del interior da comarca, responsable xunto coel fomento de plantaciois de cálitros, dos incendios que asolan a nosa terra (el caso del Valledor é apenas un exemplo). A aposta por proxectos agresivos contra el ambiente (minería de ouro en Salave, industrias contaminantes, el impacto da Autovía del Cantábrico nas explotaciois de gado…) ou el patrimonio (instalación de parques eólicos en zonas de alto valor arqueolóxico e faunístico como el Chao de San Martín en Grandas, A Serra del Carondio en Allande, A Serra da Bovia nos Ozcos, A Xunqueira en Santiso, etc.) é indicativo da desconexión entre as políticas públicas del Principado e un proxecto sustentable pró futuro del Eo-Navia.

Ligação: Página no Facebook do Partido da Terra Eu-Návia.